Política de privacidade e protección de datos

1. Responsable do Tratamento.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento pola «UTE FERROLBUS», con domicilio en Avenida Ingeniero Sáenz de Miera S/N, 24009 León, Responsable do Tratamento dos datos persoais recollidos a través da presente páxina web/app.

O usuario poderá proporcionarnos, de forma voluntaria, información de carácter persoal, ben a través determinados formularios de recollida de datos da páxina web/app, ben mediante o enderezo de correo electrónico habilitado para tal efecto. A subministración de calquera dato de carácter persoal a través dos distintos formularios e enderezos de correo electrónico da presente páxina web/app implica aceptar e consentir o tratamento destes nos termos indicados na presente política de privacidade.

2. Finalidades do tratamento dos datos persoais.

En xeral, a recollida e tratamento dos seus datos persoais ten como finalidades as que a continuación se relacionan:

i) Poder contactar co usuario;

ii) Atender e xestionar adecuadamente as consultas, os comentarios, as incidencias ou as suxestións remitidas;

iii) Atender e xestionar adecuadamente as solicitudes de bonos de transporte remitidas;

iv) Xestionar as tarefas básicas de administración;

v) Prestar servizos engadidos, melloras nos nosos servizos e na experiencia do cliente ao facer uso da web/app;

vi) Análise estatística de visitas á web/app e comportamentos dos seus Usuarios nesta;

vii) Xestionar adecuadamente a navegación a través do presente sitio web/app;

viii) Cumprir cantas obrigas legais nos correspondan, así como comunicar os teus datos persoais ás forzas e corpos de seguridade do Estado e demais organismos con competencia na materia, cando así nos for requirido;

ix) Para xestionar correctamente situacións de emerxencia, catástrofes ou casos de forza maior, pode ser necesario comunicar os teus datos persoais a organismos ou entidades con competencia na materia;

x) Contactar co usuario para informalo, de ser o caso, sobre trazabilidade de contacto en situacións de control de epidemias e a súa propagación. Os datos persoais conservaranse durante 90 días a contar desde a data da súa viaxe. Durante ese período, quedarán á disposición das autoridades sanitarias que os soliciten.

3. Lexitimación.

As bases xurídicas que lexitiman os tratamentos indicados son o consentimento do usuario, o interese lexítimo da empresa e o cumprimento dunha obriga legal.

4. Destinatarios dos datos persoais.

Os destinatarios dos datos serán a propia UTE. Non se lles cederán datos a terceiros, salvo obriga legal. A UTE comprométese, na utilización dos datos facilitados, a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coas finalidades sinaladas.

5. Dereitos dos interesados.

O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación, dirixíndose á «UTE FERROLBUS», mediante solicitude ao noso enderezo de correo electrónico establecido para tal efecto (asesoria@alsa.es), ou ao enderezo postal: ALSA, Dpto. Asesoría Jurídica, Calle Miguel Fleta, 4. 28037 Madrid, achegando, en todo caso, fotocopia do DNI ou un documento equivalente válido en dereito que permita acreditar a súa identidade, e especificando o dereito que desexa exercer.

Calquera interesado poderá en calquera momento posterior, nos termos establecidos na normativa sobre protección de datos en cada momento vixente, revogar a autorización concedida para o tratamento dos datos persoais.

O interesado terá dereito a formular unha queixa ou reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

O usuario responderá, en calquera caso, pola veracidade dos datos facilitados, e a empresa reserva o dereito a excluír dos servizos todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito. O usuario faise responsable de comunicar calquera modificación dos datos persoais facilitados.

6. Prazo de conservación dos datos.

Só almacenamos os datos persoais dos usuarios na medida en que os necesitamos a fin de poder utilizalos segundo a finalidade para os que foron obtidos, e segundo a base xurídica do tratamento destes. Manteremos os datos persoais mentres exista unha relación contractual ou comercial co usuario e mentres este non exerza o dereito de supresión, cancelación ou limitación do tratamento dos datos persoais.

Nestes casos manteremos os datos debidamente bloqueados, sen darlle ningún uso, mentres poidan ser necesarios para o exercicio ou defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento, que deba ser atendida e para o cal sexa necesaria a súa recuperación.

A empresa cumprirá o disposto na normativa vixente en canto ao deber de cancelación da información persoal que deixase de ser necesaria para o fin ou os fins para os cales foi recollida, e bloqueará a mesma, co fin de poder atender as posibles responsabilidades derivadas do tratamento dos datos, e só durante os prazos de prescrición de ditas responsabilidades. Unha vez transcorran ditos prazos, eliminarase definitivamente esa información mediante métodos seguros.

7. Información que obtemos das visitas á web/app.

Obtemos e almacenamos información persoal limitada e estatísticas globais anónimas de todos aqueles usuarios que visitan a nosa web/app, ben porque nola facilite o usuario de forma activa ou porque se atope simplemente navegando na nosa páxina web/app. A información que obtemos inclúe o enderezo do protocolo de Internet (IP) do dispositivo que usa o usuario, o programa de navegación utilizado, o seu sistema operativo, a data e hora do acceso, o enderezo de Internet da web pola que accede o usuario e tamén información sobre como utilizas a nosa web/app.

Empregamos esta información para saber o tempo de carga da nosa web/app, como se utiliza, o número de visitas e o tipo de información que máis consulta o usuario. Esta información axuda a identificar se a páxina web/app funciona correctamente e se detectamos fallos ou erros no funcionamento, solucionalos e mellorar o rendemento da nosa web/app, para podermos ofrecer un mellor servizo a todos os usuarios.

Tendo en conta o anterior, obtemos datos de uso e navegación para efectos estatísticos e publicitarios, de control do uso da nosa páxina/app e de mellorar o coñecemento sobre os intereses do Usuario.

8. Redes sociais.

A UTE posúe perfís nalgunhas das principais redes sociais de Internet (Facebook, Twitter, etc.), de forma que é responsable do tratamento en todos eses casos dos datos dos seus seguidores, fans, subscritores, comentaristas. O tratamento que a UTE poida levar a cabo será o que a rede social lles permita aos perfís empresariais. A UTE poderá informar os seus seguidores por calquera vía que a rede social permita sobre as súas actividades, servizos, etc. En ningún caso a UTE extraerá datos das redes sociais.

9. Menores de idade.

Os menores de 14 anos non deberán enviar ningunha información persoal sen o consentimento do seu pai ou titor. A UTE non é responsable de ningunha información persoal enviada polos menores de 14 anos sen a autorización oportuna.

10. Medidas de seguridade.

A UTE adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais requiridos pola normativa vixente, en función do tipo de información tratada e implantou outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais facilitados. A empresa garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade para garantir a seguridade da información e da confidencialidade dos datos que vostede nos envía pola Internet. Non obstante o anterior, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.

11. Cookies.

O acceso a esta web pode implicar a utilización de cookies. As cookies son pequenas cantidades de información que se almacenan no navegador utilizado por cada usuario para que o servidor recorde certa información que posteriormente poida utilizar. Esta información permite identificalo a vostede como un usuario concreto e permite gardar as súas preferencias persoais, así como información técnica como poidan ser visitas ou páxinas concretas que visite. Para máis información, consulta a nosa Política de Cookies.