Aviso legal

TRANSPORTES ADAPTADOS REGIONALES, S. L. U., MAI TOURS, S. L. U., INTERURBANA DE AUTOCARES, S. A. U. e COMPOSTELANA, S. A. U., denominada comercialmente «UTE FERROLBUS», infórmao/a de que o acceso e uso desta páxina web está suxeito ás presentes condicións de uso, polo que lle recomendamos que as lea atentamente cada vez que acceder ao noso sitio web.

1. Información xeral.

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI), TRANSPORTES ADAPTADOS REGIONALES, S. L. U., MAI TOURS, S. L. U., INTERURBANA DE AUTOCARES, S. A. U. e COMPOSTELANA, S. A. U., denominada comercialmente «UTE FERROLBUS», con NIF U-24734022, encóntrase inscrita no Rexistro Especial de Unións Temporais de Empresas do Ministerio de Facenda adscrito á Axencia Estatal da Administración Tributaria (n.º 2019UTE73400001A).

A entidade ten por obxecto a explotación da concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada LOTES XG-600 a XG-743.

Domicilio: Avenida Ingeniero Sáenz de Miera, S/N, 24009 León.

Enderezo de correo electrónico de contacto: asesoria@alsa.es

2.- Condicións de uso.

Toda persoa que acceder á web/app asume o papel de usuario e comprométese á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. O usuario comprométese a non usar o presente sitio web/app con finalidades fraudulentas, así como a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos da UTE. En caso de incumprimento por parte do usuario das condicións de uso do presente sitio web/app ou de sospeita razoable por parte da UTE de que o usuario as está incumprindo, a UTE reserva o dereito a limitar, suspender ou terminar o seu acceso ao sitio web/app, e adoptará calquera medida técnica que sexa necesaria con ese fin.

3.- Responsabilidade.

A UTE exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web/app, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a este. A UTE non se responsabiliza de ningún modo e en ningún caso daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos que puidesen visualizarse mediante ligazóns electrónicas (links), directa ou indirectamente, a través do sitio web/app. A presenza de ligazóns no sitio web/app, salvo manifestación expresa en contrario, ten unha finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, convite ou recomendación sobre estes. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre a UTE e os particulares ou as empresas que poidan acceder a sitios web/app alleos á UTE mediante estas ligazóns. A UTE reserva o dereito a retirar de modo unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen no sitio web/app. A UTE presta os seus servizos e contidos de forma continuada empregando todos os medios técnicos ao seu alcance para realizar dita prestación de forma satisfactoria. A UTE non se fai responsable dos danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivar da falta de dispoñibilidade ou continuidade técnica do funcionamento deste sitio web/app. En calquera caso, a UTE levará a cabo todas as accións necesarias para restablecer os seus servizos en caso de fallo técnico.

4.- Dereitos da propiedade industrial e intelectual.

Os contidos, os elementos, os deseños e as aplicacións albergados nesta páxina web/app, calquera que sexa o seu formato e características, así como todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual inherentes a ese sitio web, son titularidade da UTE e están protexidos tanto pola normativa de propiedade industrial e intelectual, como polo resto de lexislación que poida aplicarse. Dito contido non poderá ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión, transformación nin de calquera outro procedemento de difusión que non fose expreso e previamente autorizado. A UTE reserva o exercicio das accións xudiciais que a asistan fronte a quen vulnerar os dereitos da súa titularidade aos cales se fixo referencia.

5. Protección de datos.

5.1. Responsable do Tratamento.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento pola «UTE FERROLBUS», con domicilio en Avenida Ingeniero Sáenz de Miera S/N, 24009 León, Responsable do Tratamento dos datos persoais recollidos a través da presente páxina web/app.

O usuario poderá proporcionarnos, de forma voluntaria, información de carácter persoal, ben a través determinados formularios de recollida de datos da páxina web/app, ben mediante o enderezo de correo electrónico habilitado para tal efecto. A subministración de calquera dato de carácter persoal a través dos distintos formularios e enderezos de correo electrónico da presente páxina web/app implica aceptar e consentir o tratamento destes nos termos indicados na presente política de privacidade.

5.2. Finalidades do tratamento dos datos persoais.

En xeral, a recollida e tratamento dos seus datos persoais ten como finalidades as que a continuación se relacionan:

i) Poder contactar co usuario;

ii) Atender e xestionar adecuadamente as consultas, os comentarios, as incidencias ou as suxestións remitidas;

iii) Xestionar as tarefas básicas de administración;

iv) Prestar servizos engadidos, melloras nos nosos servizos e na experiencia do cliente ao facer uso da web/app;

v) Análise estatística de visitas á web/app e comportamentos dos seus Usuarios nesta;

vi) Xestionar adecuadamente a navegación a través do presente sitio web/app;

vii) Cumprir cantas obrigas legais nos correspondan, así como comunicar os teus datos persoais ás forzas e corpos de seguridade do Estado e demais organismos con competencia na materia, cando así nos for requirido;

viii) Para xestionar correctamente situacións de emerxencia, catástrofes ou casos de forza maior, pode ser necesario comunicar os teus datos persoais a organismos ou entidades con competencia na materia;

ix) Contactar co usuario para informalo, de ser o caso, sobre trazabilidade de contacto en situacións de control de epidemias e a súa propagación. Os datos persoais conservaranse durante 90 días a contar desde a data da súa viaxe. Durante ese período, quedarán á disposición das autoridades sanitarias que os soliciten.

5.3. Lexitimación.

As bases xurídicas que lexitiman os tratamentos indicados son o consentimento do usuario, o interese lexítimo da empresa e o cumprimento dunha obriga legal.

5,4. Destinatarios dos datos persoais.

Os destinatarios dos datos serán a propia UTE. Non se lles cederán datos a terceiros, salvo obriga legal. A UTE comprométese, na utilización dos datos facilitados, a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coas finalidades sinaladas.

5.5. Dereitos dos interesados.

O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación, dirixíndose á «UTE FERROLBUS», mediante solicitude ao noso enderezo de correo electrónico establecido para tal efecto (asesoria@alsa.es), ou ao enderezo postal: ALSA, Dpto. Asesoría Jurídica, Calle Miguel Fleta, 4. 28037 Madrid, achegando, en todo caso, fotocopia do DNI ou un documento equivalente válido en dereito que permita acreditar a súa identidade, e especificando o dereito que desexa exercer.

Calquera interesado poderá en calquera momento posterior, nos termos establecidos na normativa sobre protección de datos en cada momento vixente, revogar a autorización concedida para o tratamento dos datos persoais.

O interesado terá dereito a formular unha queixa ou reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

O usuario responderá, en calquera caso, pola veracidade dos datos facilitados, e a empresa reserva o dereito a excluír dos servizos todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito. O usuario faise responsable de comunicar calquera modificación dos datos persoais facilitados.

5.6. Prazo de conservación dos datos.

Só almacenamos os datos persoais dos usuarios na medida en que os necesitamos a fin de poder utilizalos segundo a finalidade para os que foron obtidos, e segundo a base xurídica do tratamento destes. Manteremos os datos persoais mentres exista unha relación contractual ou comercial co usuario e mentres este non exerza o dereito de supresión, cancelación ou limitación do tratamento dos datos persoais.

Nestes casos manteremos os datos debidamente bloqueados, sen darlle ningún uso, mentres poidan ser necesarios para o exercicio ou defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento, que deba ser atendida e para o cal sexa necesaria a súa recuperación.

A empresa cumprirá o disposto na normativa vixente en canto ao deber de cancelación da información persoal que deixase de ser necesaria para o fin ou os fins para os cales foi recollida, e bloqueará a mesma, co fin de poder atender as posibles responsabilidades derivadas do tratamento dos datos, e só durante os prazos de prescrición de ditas responsabilidades. Unha vez transcorran ditos prazos, eliminarase definitivamente esa información mediante métodos seguros.

5.7. Información que obtemos das visitas á web/app.

Obtemos e almacenamos información persoal limitada e estatísticas globais anónimas de todos aqueles usuarios que visitan a nosa web/app, ben porque nola facilite o usuario de forma activa ou porque se atope simplemente navegando na nosa páxina web/app. A información que obtemos inclúe o enderezo do protocolo de Internet (IP) do dispositivo que usa o usuario, o programa de navegación utilizado, o seu sistema operativo, a data e hora do acceso, o enderezo de Internet da web pola que accede o usuario e tamén información sobre como utilizas a nosa web/app.

Empregamos esta información para saber o tempo de carga da nosa web/app, como se utiliza, o número de visitas e o tipo de información que máis consulta o usuario. Esta información axuda a identificar se a páxina web/app funciona correctamente e se detectamos fallos ou erros no funcionamento, solucionalos e mellorar o rendemento da nosa web/app, para podermos ofrecer un mellor servizo a todos os usuarios.

Tendo en conta o anterior, obtemos datos de uso e navegación para efectos estatísticos e publicitarios, de control do uso da nosa páxina/app e de mellorar o coñecemento sobre os intereses do Usuario.

5.8. Redes sociais

A UTE posúe perfís nalgunhas das principais redes sociais de Internet (Facebook, Twitter, etc.), de forma que é responsable do tratamento en todos eses casos dos datos dos seus seguidores, fans, subscritores, comentaristas. O tratamento que a UTE poida levar a cabo será o que a rede social lles permita aos perfís empresariais. A UTE poderá informar os seus seguidores por calquera vía que a rede social permita sobre as súas actividades, servizos, etc. En ningún caso a UTE extraerá datos das redes sociais.

5.9. Menores de idade.

Os menores de 14 anos non deberán enviar ningunha información persoal sen o consentimento do seu pai ou titor. A UTE non é responsable de ningunha información persoal enviada polos menores de 14 anos sen a autorización oportuna.

5.10. Medidas de seguridade.

A UTE adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais requiridos pola normativa vixente, en función do tipo de información tratada e implantou outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais facilitados. A empresa garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade para garantir a seguridade da información e da confidencialidade dos datos que vostede nos envía pola Internet. Non obstante o anterior, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.

5.11. Cookies.

O acceso a esta web pode implicar a utilización de cookies. As cookies son pequenas cantidades de información que se almacenan no navegador utilizado por cada usuario para que o servidor recorde certa información que posteriormente poida utilizar. Esta información permite identificalo a vostede como un usuario concreto e permite gardar as súas preferencias persoais, así como información técnica como poidan ser visitas ou páxinas concretas que visite. Para máis información, consulta a nosa Política de Cookies.

6.- Modificacións.

A UTE reserva o dereito a modificar o presente Aviso Legal para adaptar novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como por cambios na actuación e estratexia empresarial da UTE e das súas sociedades vinculadas, polo que recomendamos a súa lectura antes de cada acceso e navegación polo sitio web/app. Non obstante o anterior, as relacións establecidas cos usuarios, con anterioridade á modificación do presente Aviso Legal rexeranse polas normas previstas no momento en que o usuario accedeu ao sitio web/app para o seu establecemento. A UTE proporciona aos usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo, poidan acceder a este Aviso Legal.

7.- Lexislación e foro aplicable.

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, aplicarase a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, e son competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais competentes de acordo coa lexislación que resulte de aplicación. No caso de que algunha das disposicións contidas no presente documento sexa declarada nula, retirarase ou substituirase. En calquera caso, esa declaración de nulidade non afectará a validez do resto de disposicións recollidas no presente.